Esta viaxe chega o seu fin e como punto final vou facer unha
achega persoal; unha pequena reflexión.
Realizada a dinámica de adxudicación de roles pre e pos
materia, tanto os Roles que me asignaron ao principio coma ao final son practicamente
os mesmos; as expectativas que tiñan de min parece ser que foron cumpridas xa
que estas se repiten na dinámica final. Organizada, aplicada, responsable… son
os roles que me asignaron e que eu creo que desempeño tamén. Todos os seus pros.
teñen os seus contras e como reflexión construtiva, debo recoñecer que estes
roles me levan algunhas veces o agobio e o nerviosismo; achega que me deixou
unha compañeira e que penso debo mellorar.
A Webquest considero que é unha ferramenta de aprendizaxe moi
útil e con ela na práctica docente os mestres/as adquiren competencias tales
como as competencias dixitais. Pero sobre todo potencia a unión entre as
competencias didácticas e as competencias dixitais. Como vantaxes da webquest
pódense citar: novas metodoloxías de ensino, motivación por aprender, adquisición
de competencias…e pola contra como inconvites: necesidade de estar conectado a
rede, poden distraer, illar… O futuro alumnado que se relacione con estas
ferramentas adquirirá: competencias dixitais, tratamento da informática, entornos
virtuais de aprendizaxe (EVA)… e tamén
saberán buscar, seleccionar, almacenar, organizar e facer significativa a
información.
Referido ao Contrato de traballo, vexo máis vantaxes que inconvintes.
As súas vantaxes son moitas pero remarcarei tales como: función recordatorio,
traballos pendentes, organización cronolóxica, axuda, motivación,etc. e baixo o
meu pensar como único inconvinte pequeno estrés por ter rematados os traballos nas
datas previstas.
E para rematar o meu Sentir cara a materia. Grazas a ela adquirín
novas competencias, novos aprendizaxes, novas habilidades… que me serán de gran
apoio e utilidade como futura mestra. Novas metodoloxías, novas ferramentas, recursos,
etc as cales me permitirán ver unha nova forma de ensino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario